Arquivo
Boullosa Álvarez, Pilar
1987, nace en Vigo, vive e traballa en Londres
Artista multidisciplinar e deseñadora gráfica licenciada en Belas Artes en 2010 pola UPV, cursando o primeiro ciclo da súa licenciatura na Universidade de Vigo. Conta tamén cun PDip en Deseño para a Comunicación Visual pola Universidade das Artes de Londres, 2013.

Entre os seus premios, destacan o premio Art Public outorgado pola Universidade de Valencia en 2012. En 2013 recibe un Accesit no Certame de Artes Plásticas da deputación de Ourense. Así mesmo en 2014 é galardoada cunha mención especial do Premio Embarrat de las Artes Visuales e Sonoras.

Ademais foi seleccionada en numerosos certames como Kaldarte 2014 -Caldas de Reis-, Novos Valores 2014 -Pontevedra-, Mulier, Muliers 2014 -Alicante-, III Mostra de Artes Plasticas de Artistas Independientes -Gijón-, Certame de Artes Plásticas e Visuais Mulleres e Arte 2011 -Madrid- e o Certame de Artes Plásticas da deputación de Ourense 2011 entre outros.

Participou tamén en numerosas exposicións colectivas, tanto en España coma no estranxeiro. Algunhas delas son Olladas de Muller Sobre a Guía Postal de Maruja Mallo -Lugo 2014- ou Brent Air Fair -Londres 2011.
Pilar Boullosa Álvarez
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada