Ares Liñares a.k.a Hassim Vaio Mundo, Diego
1989, nace en Santiago de Compostela, vive e traballa en Santiago de Compostela
Diego Ares naceu en Santiago de Compostela en 1989. Dende pronto decántase por empregar o seu tempo en actividades ligadas á creación plástica e gráfica. Desenvolve experimentalmente con maior ou menor intensidade diferentes técnicas, para diferentes soportes e baixo diversos heterónomos.
LicencÃase en Publicidade e Relacións Plúblicas pola Universidade de Vigo. Dende 2010 usa o pseudónimo de Hassim Vaio Mundo para identificar traballos ligados formalmente á ilustración, pero con fondos procedentes de diferentes ciencias.
Reside durante varios anos entre Galicia e os Azores, o que marcará en certo sentido a súa linguaxe visual.