Fernández Patiño, Laura
1987, nace en Santiago de Compostela, vive e traballa en Santiago de Compostela
Licenciada en Belas Artes e Máster en Dirección de Arte en Publicidade pola Universidade de Vigo. Dende 2008 participou en exposicións individuais e colectivas ao longo do territorio nacional con pezas nas que reflexiona sobre os límites das diferentes disciplinas e o propio medio artístico. En paralelo ao seu traballo individual, dende 2011 forma parte de electrodomésticas que investiga e crea en torno ao mundo da edición e a arte, pervertendo e transmutando o seu significado. Actualmente compaxina a súa actividade artística co seu traballo como creativa publicitaria nunha axencia de Santiago de Compostela.