Osorio, Rocío
1987, nace en Gijón, vive e traballa en Pontevedra
Rocío Osorio é Licenciada en Belas Artes na Universidade de Salamanca e Técnica Superior de Gravado e Técnicas de Estampación pola Escola de Arte de Oviedo.
Expuxo o seu traballo recentemente no Centro de Arte Contemporánea Domus Artium e La Salina de Salamanca e seleccionou nos proxectos expositivos da Galería Adora Calvo de Salamanca.
Nos seus últimos traballos cobra especial importancia a materia e a cor. Traballa con materiais encontrados, que modifica incorporando novos elementos, dando lugar a obxectos de carácter escultórico e pictórico.
Actualmente encóntrase cursando o Máster Universitario de Arte Contemporánea. Creación e Investigación na Universidade de Vigo.