Heyvaert, Anne
1959, nace en Memphis, vive e traballa en A Coruña
Licenciada Belas Artes, ENSBA, París. Doutora pola Universidade de Vigo, onde é profesora do Departamento de Debuxo, e membro do grupo de investigación dx5 dixital & graphic art research.
Desenvolveu a súa actividade creadora, principalmente en técnicas gráficas, pero tamén en debuxo e pintura, en centros como: a Fundación CIEC, Betanzos; Atelier Bo Halbirk, Paris; Empreinte, Luxemburgo, a Casa de Velázquez, Madrid; Arteleku, San Sebastián, CIAC Carros, Niza, Francia (2011,12), Centre Presse Papier, Trois-Rivières, Canadá (2014), etc.
Máis de 20 exposicións individuais. As últimas: Chemins dépliés. Estampes et Kaleidoscopies, Centre Presse Papier, Trois Rivières, Canadá (2014); Kaleidoscopias, Fundación Caixanova, Vigo, 2010 e De Memphis a Finisterre, Museo de Artes, Ribeira, 2008-09.
Participación regular en exposicións colectivas (máis de 200) e en certames nacionais e internacionais de gráfica, obtendo varios premios, mencións ou bolsas, entre outros da Calcografía Nacional (1997, 2002), IV Bienal Iberoamericana de Obra Gráfica Cidade de Cáceres e seleccionada na XX International Print Triennial Kracow, Cracovia (Polonia) / Viena (Austria) / Falun (Suecia) (2012-2013).
Numerosas edicións de obra gráfica nas técnicas de gravado calcográfico, litografía, estampa dixital, offset; auto-editadas ou editadas por institucións especializadas, en ocasión de exposicións ou proxectos específicos individuais ou colectivos de intercambios ou difusión, como por exemplo as convocatorias internacionais: Critical Mass, comisariada polo crítico Richard Noyce, Gran Bretaña, e organizado por Nathaniel Stern e Rhianna Andrews, Universidade de Milwaukee, Estados Unidos (2013-14), Ciclo, Centro ACE, Arxentina (2014), ou Flying Carpet, 165 artistes, 25 pays, (1998-2002), La Miniatura, 11 centros de formación, 6 países (2010-11); De l'empreinte au numérique, co Pôle Princeps EESI, Angoulême (2009-2010), que co-coordinou.