Arquivo
Vindel, Clara
1979, nace en Cuenca, vive e traballa en Vilagarcía de Arousa

Son unha artista nacida en Cuenca, aínda que residín en diversos lugares de España. Rematei Belas Artes na UCLM na Facultade de Cuenca en 2001 onde tamén realicei posteriormente o DEUSA. Actualmente resido en Vilagarcía de Arousa e son profesora de Debuxo en Educación Secundaria no Grove.

Durante o curso 2013-2014, retomei a investigación académica polo que agora estou a traballar nunha tese sobre libros de artista na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

No que se refire á creación artística, principalmente, realizo obra plástica na que se inclúen libros de artista. Traballo de forma individual, aínda que dende 2007 levo a cabo un proxecto conxunto coa artista Bel Calderón, baixo o nome El lazo Rojo e no que desenvolvemos o que nós chamamos debuxos compartidos, obras que se dividen en dúas partes simétricas de inspiración individual unidas por un lazo rojo.
Clara Vindel
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada