Arquivo
De catro a catro. Follas sin data d'un diario d'abordo, 2014
Ana Varela García
No ano 1923, Manoel-Antonio tiña aprobados os estudos para aspirante a Piloto da Mariña Mercante. Mais para chegar a ser Piloto de verdade precisaba un certo número de horas de navegación, que fixo no pailebote "Constantino Candeira", durante os anos 1926 e 1927.

Esta edición, de nove exemplares, é unha homenaxe a esas viaxes nas que o poeta escribiu o seu poemario durante as catro horas de garda.

Para a elaboración da cuberta utilizouse lenzo, material co que se facían antigamente as velas dos barcos. A costura da parte traseira imita o punto que se facía servir para darlle máis robustez ao tecido. A serigrafía da cuberta, feita con visillo, reproduce o debuxo que Carlos Maside fixo para a edición do libro de 1928, da editorial Nós.

O interior está imprimido en láser sobre papel de gravado Somerset Book Soft de 175 gr. Cada poema introdúcese cun grofado das liñas batimétricas das cartas náuticas da costa, que Manoel-Antonio navegou durante eses dous anos. A familia tipográfica utilizada é a Goudy Old Style.

Cada exemplar vai envolto nunha reproducción a escala dunha vela cunha serigrafía da ría de Ferrol.
Datos técnicos:
Obra seriada. 9 ejemplares
Exterior: lienzo con serigrafía
Interior: impresión láser sobre papel de grabado Somerset Book Soft de 175 gr y gofrado

Palabras clave:
libro de artista
Ver Autor/es
Ana Varela García
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada