Arquivo
Ningures, 2014
Rita Gutiérrez Rivera
Fotografías da Galicia interior, desvíos, perda, casualidade e esquecemento.

Ningures, palabra galega que se traduce ao español como ningún sitio dá título a este fotolibro, imaxes capturadas en inverno de 1014. viaxando por cías comarcais do interior de Galicia. Nos desvíos das estradas principais descóbrense aldeas que non aparecen nomeadas no mapa, Xiz, Parade, Santiagueiro, Bancada... Lugares nos que quedan dous, un, nungún habitante. O que me conduciu a emprender este proxecto foi o interese por unha vida tradicional en declive, unha cultura que desaparece. A miña intención non é documentar; pasado un tempo, cando estas localidades xa non existan, as miñas fotografías non as recordarán como lugares concretos.

A miña forma de traballo é moi intuitiva e baséase no visual. As miñas fotografías achéganse máis a unha narratividade poética deixándome levar pola intuición. Interésame a vida da xente, as necesidades e obxectos cotiáns, as miradas cansas, as engurras que testemuñan o paso do tempo, que afirman a inminente desaparición.
Datos técnicos:
Peza única
Impresión dixital sobre papel

Palabras clave:
fotolibro
Ver Autor/es
Rita Gutiérrez Rivera
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada