Nenas de marmelada, 2014
Manuela Elizabeth Rodríguez González
Este proxecto consiste nunha serie de recipientes que recollen rabechas de nenas pequenas (serie Non dáme tempo: actos de dramatización I, II, III, IV e V). As nenas están realizadas con técnica de serigrafía sobre tea, con motivos de flores pequenas, facendo un achegamento aos vestidos de anos atrás, que tanto me recordan á miña época de infancia. Así, eses actos quedan estampados a través de nenas imaxinadas, pero que ben poderían ser eu: perdendo a compostura coas rabechas máis inoportunas, causados polas máis pequenas parvadas. O colector está composto por tubos de cartón decorados emulando a estética de tarros de marmelada das merendas que facía a avoa.
Datos técnicos:
Obra seriada
5 exemplares
Interior: Serigrafía sobre tea
Exterior: tubos de cartón decorados
Palabras clave:
libro de artista, libro obxecto