Arquivo
Fugite et magnificare, 2014
Laura Fernández Patiño
Vivo obsesionada coa pintura hiperrealista e as miniaturas dende sempre. Pasei anos frustrada ante a imposibilidade de reproducir fielmente as referentes en formatos pequenos. Crear a ilusión dunha imaxe espello, que multiplica e calca o obxecto real representado. Se ben a técnica parecía o problema, o certo era que non estaba prestando atención ao medio e ao soporte. Abandonar o lenzo ou o papel e mudalo por un globo que funciona como unha lupa me fai parecer menos incompetente. Podo reproducir os detalles a unha escala maior e devolverlle despois o seu tamaño orixinal.

O dobre sentido e os xogos de palabras marcan como no resto dos meus traballos o carácter desta peza. Non é aleatorio que sexan moscas os motivos representados, nin o título en latín (que significa mosca lupa), nin a presentación de cada peza desta edición. Como acontece na entomoloxía, cada exemplar é único aínda que igual aos seus conxéneres, un obxecto para contemplar e manipular co máximo coidado.
Datos técnicos:
Obra seriada
7 exemplares únicos numerados
Caixa de metacrilato, impresión dixital e globo debuxado a man
Tamaño: 65 x 65 x 30 mm

Palabras clave:
edición de obxectos, libro de artista
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada