Mirada continua, 2012
uh513
Mirada continua é unha edición de cinco libros de artista. Están compostos por 13 imaxes extraidas de diferentes accións que se levaron a cabo para a peza La mirada perdida do observador incómodo, instalación interactiva que se realizou ex profeso para unha exposición individual na galería 9 THE 13. A Coruña, 2012.
As imaxes son impresións dixitais sobre papel hahnemühle, de 12 cm de diámetro e todas elas dentro dunha caixa deseñada especificamente para esta edición. As caixas que conteñen o libro de artista, ao igual que a instalación interactiva invitan o espectador a asomarse e observar o seu contido. Deste modo, encontrámonos dúas persoas, un home e unha muller, que están a realizar accións cotiás e repetitivas, vistos dende un plano cenital.
Mirada continua foi un dos libros premiados en Masquelibros 2013. A II Feira de Libros de artista de Madrid.
Mirada continua ha sido uno de los libros premiados en Masquelibros 2013. La II Feria de Libros de artista de Madrid.
Datos técnicos:
Obra seriada 5 exemplares numerados e asinados +1 P.A
Exterior: Caixa de madeira
Interior: 13 impresións dixitais en papel hahnemühle
Palabras clave:
libro de artista, libro obxecto
Ligazóns:
ver obra-web artista