Botiquin para seis meses de baja, 2011
Román Corbato
Isra Cubillo
Recordo que eran as oito menos cuarto da tarde dun xoves sete de xuño, a miña última noite de traballo antes de tomar uns días para viaxar a Madrid cando máis me gusta esa cidade. O móbil soou no momento en que me dispoñía a saír de casa; era Silvia dende a súa libraría: acababa de chegar a guía de Photoespaña. Levaba días esperándoa e pensei que na nova bicicleta de Esther podería ir a comprala e chegar só cinco minutos tarde. Se encontraba tempo podería repasala e organizar un pouco a excursión. Non sabía que non ía poder facer esa viaxe en coche que tanto me gusta, que ese verán non empezaría co ritual de percorrer a cidade buscando carteis amarelos. Non sabía que o guiador da bicicleta se ía pregar esmagándome o peroné ao lado dun monumento a John Lennon que nunca entendín que fai aí. Non sabía que durante seis meses ía facer unha vida moi distinta, que ese verán ía estar algo menos bronceado, que os meus poucos aforros se ían evaporar máis rápido do previsto. Unha das cousas que si sabía é que vivo nun cuarto piso sen ascensor.
Esta caixa de primeiros auxilios presentouse como parte dun visionado de portfolios en Descubrimentos PhotoEspaña 2011.
Datos técnicos:
Fotografías, caixa e medicamentos
Deseño: Román Corbato e Isra Cubillo
Fotografías: Isra Cubillo
Palabras clave:
libro obxecto