Mapas Kaleidoscopias, 2010-14
Anne Heyvaert
Editados con motivo de exposicións e estanzas de creación en diferentes lugares dende 2010.
Nacen dunha reflexión en torno ao obxectivo de repetición-multiplicación da obra gráfica como orixe da imaxe. Como o calidoscopio que multiplica e desprega ao infinito unha imaxe fragmentada. Preténdese recrear o espectáculo visto a través do axexadoiro: as dobras dos mapas e planos dobrados despréganse e repregan, as rutas enrédanse nun gran mapa imposible, e o espectador perde o norte. A impresión retoma o verdadeiro formato dos mapas de estrada.
1. Ría de Vigo
2. Rúas de París
3. Rutas cara Finisterre
4. Costa Atlántica
5. París de Perec
6. Carros Village
Nº 1-4: Textos: Alberto González Alegre. Ed. Fundación Caixanova, Vigo, colabora Universidade de Vigo, 2010.
Nº 5: Texto: Georges Perec, "Espèce d'espace", 1974. Ed. Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2010, reedición Círculo de Bellas Artes, Madrid, 2012.
Nº 6: Poemas André Verdet, 1994. Ed. Melis éditions, colaboran CIAC, Centre international d'art contemporain, Carros, Francia, Universidade de Vigo, 2014.
Datos técnicos:
Serie aberta de publicacións individuais en forma de mapa pregado
Offset
Tamaño plegado:11,5 x 20 cm
Tamaño aberto: 81,6 x 61,5 cm
Palabras clave:
libro de artista
Ligazóns:
ver obra-web artista