PLIEGO-CICLO, 2014
Anne Heyvaert
Estampa pertencente á carpeta internacional de obra gráfica orixinal "Ciclos / Cycles", coordinada por Alicia Candiani, directora da Fundación ACE, en Bos Aires, Arxentina. Por convite. Proxecto aberto.
O portfolio reúne de momento 21 obras de artistas proveniente de 7 países. Este proxecto inspírase na idea dos [ciclos] dende múltiples perspectivas aludindo á idea de movemento, de xiro, de principio e de final, de retorno mítico, do que se foi e rematou, do que se abre e florece ou do que se repite indefinidamente dando lugar a múltiples interpretacións visuais. A obra Pliego-Ciclo remite o prego de papel como posibilidade, da dobra ao despregamento. O prego de papel é o módulo base da secuenciación no libro.