Post-it, Penser à / Critical Mass, 2011
Anne Heyvaert
Técnica tradicional para un post-it, metáfora de todo o que non debemos esquecer (...). Estampa pertencente á carpeta internacional de obra gráfica orixinal Critical Mass que nace do encontro duns artistas reunidos no libro Critical Mass, do autor Richard Noyce, ed. A&C Black, Londres, 2011.
O portfolio reúne 40 obras de artistas provenientes de 28 países. Coordinada por Nathaniel Stern e Rhianna Andrews, Universidade de Milwaukee, Estados Unidos.
O título Critical Mass alude á materia mínima ou impulso que posibilita unhas reaccións en cadea sostibles, como metáfora do que sucede na gráfica contemporánea. Os artistas cuestionan a través das súas obras a función da arte múltiple nunha sociedade global cada vez máis tecnolóxica.
As obras reunidas son un reflexo da diversidade de propostas que exploran hoxe os medios gráficos, dende novas interpretacións do gravado máis tradicional ata a extrema experimentación de procesos dixitais. Evidencia o desdibuxamento crecente entre os distintos campos das artes visuais, nas que os procesos gráficos, xeradores de multiplicidade, son cada vez máis utilizados.