Skin Box, 2014
María Castellanos Vicente
Skin Box é un libro de artista que indaga acerca do concepto de pel. Unha caixa creada especificamente para este libro serve de colector de sete gofrados nos que se investiga acerca do concepto de tecido e a súa dobre acepción téxtil e epitelial.
Datos técnicos:
Caixa de madeira e látex
7 gofrados en papel hahnemühle intervidos con acuarela
Tamaño da caixa: 14 x 14 x 3 cm
Tamaño das estampas 11 cm de diámetro
Palabras clave:
libro de artista, libro obxecto