Arquivo
Pellizcos de rincones olvidados, 2011
Natalia Desirée García Lema
Para levar a cabo este proxecto pártese do concepto de cotianeidade. A vida cotiá céntrase naqueles aspectos máis próximos ao ser humano. Relativos a el, destacamos o fogar como lugar de exploración, as rutinas do día a día e os obxectos. Así se establecen conexións co ámbito que habitamos e este funciona como colector e refuxio. Deste xeito parece que o cotián está menosprezado; polo seu carácter coñecido e a repetición das mesmas accións constantemente. O propósito desta formulación é transmitir unha nova visión da cotianeidade e apreciar os obxectos que temos a noso arredor. Fixarnos nos detalles, redescubrir neles, novos aspectos.

Para materializalo servinme da fotografía e os conceptos de fragmentación, rexistro ou empatía coa intención de involucrar o espectador para que indague sobre a súa propia cotianeidade, confrontándoa coas imaxes que observa. O resultado é un libro de artista onde a sucesión de fotografías se enmarca nunha retícula que páxina a páxina, se vai esvaecendo. Ao mesmo tempo as estruturas visuais ofrecen imaxes cheas de contrastes, encadres detallados, fragmentos e unha lectura repetitiva que achega outros matices sobre o concepto do cotián.
Datos técnicos:
Peza única
Impresión dixital sobre papel

 

Palabras clave:
libro de artista
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada