Arquivo
Deconstruir la mirada, 2012
Yolanda Ríos Coello
O libro confórmase a partir dos opostos construír e deconstruir. O xogo e a confrontación destes dous termos establecen un campo artístico e de experimentación de carácter escultórico inspirado no mundo da arquitectura e o urbanismo. A peza componse dun libro e unha caixa. Os materiais utilizados referentes ao campo da arquitectura son unha constante: cartón, papel vexetal ou papel milimetrado. O libro articúlase a partir de fotografías, textos, mapas cartográficos, despregamentos de papel e recortes.

A súa estrutura organízase mediante tres formas arquitectónicas da cidade de Vigo. O percorrido iníciase con imaxes dunha ponte (chamada scalextric); é un elemento urbano que se construíu e se destruíu sen chegar a ser usado. A continuación preséntase a Panificadora (fábrica de pan e fariñas) como espazo industrial de traballo abandonado e en destrución polo paso do tempo e o esquecemento, e remata co Colexio Oficial de Arquitectos como exemplo de nova arquitectura de carácter deconstructivista. Móstranse diferentes aspectos da cidade: o desenvolvemento urbanístico, o abandono, a destrución, a deconstrucción, o esquecemento, a ruína, a ausencia, a reconstrución, o novo...
Datos técnicos:
Peza única
Diferentes papeis, impresión dixital e encadernado wiro

Palabras clave:
libro de artista
Ver Autor/es
Yolanda Ríos Coello
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada