Agujeros, 2001
Clara Vindel
O libro Agujeros é un traballo moi pictórico que á súa vez leva consigo un importante carácter espacial que alude a aspectos escultóricos.
Trátase dun libro único no que unhas follas se comunican con outras a través das calidades do papel tratado, resgado e perforado que permite entrever o contido que se sucede ao pasar a páxina e que, así mesmo, forma parte dela. É un diálogo de disciplinas cuxo contido non abandona o tema da persoa nun sentido simbólico.
Datos técnicos:
Peza única
Papel e cordón
Palabras clave:
libro de artista