Prenda libre/o, 2014
Clara Vindel
A obra fala da analoxía establecida entre o libro, o corpo e a cartografía. Penso que a páxina do libro é como a pel acumula coma se dun mapa se tratase a pegada dos acontecementos e da experiencia vivida do ser humano, o que ten lugar nun espazo cartográfico concreto, moitas veces, mutable que atrapa e acumula as marcas do transcurso.
Trátase, polo tanto, dunha peza habitada, é dicir, un vestido vivido por un corpo. As pezas que acompañan á pel tamén acumulan os signos do percorrido en todos os seus sentidos.
Datos técnicos:
Peza única
Diferentes papeis, fío e corchetes
Palabras clave:
libro de artista, libro obxecto