Cabezas rascan paredes, 2012
Julio Fernández Peláez
Caixas de fósforos tamaño XXL. Cada misto, dentro da caixa, convertida nun poema (visual ou non), ata un total de 50. Acompáñanse instrucións para realizar acción:
1. Acudir co poemario a unha revolta pacífica.
2. Abrir a caixa e repartir mistos entre un grupo de confianza (coidado cos infiltrados).
3. Indicar aos manifestantes a posibilidade de modificar ao seu gusto o contido do poema.
4. Prender as cerilas a un tempo e antes de que cargue a policía (evitar custe o que custe os golpes).
5. Ler os poemas en plena carreira, ou unha vez a salvo.
6. Volver reunirse en privado para encher a caixa cos restos e gardar o libro nunha biblioteca pública.
Datos técnicos:
Obra seriada
100 ejemplares
Cerillas, caja y diversos objetos
Palabras clave:
edición de obxectos, libro de artista