Pavo, 2013
Paula López Vallejo
Dentro do proxecto Labores marcianas, Paulova introduce pequenas series de esculturas. A intención é extraer algún dos animais do pictórico e levalos a unha terceira dimensión.
As pezas son monocromáticas, enfrontándose directamente co colorido das pinturas da serie e facendo referencia ao animal albino como fetiche para o espectador.
Os animais que Paulova representa por medio do escultórico teñen un porte dentro da fauna, reivindicándose a si mesmos.
Datos técnicos:
Obra seriada
6 exemplares
Resina de poliester e esmalte sintético brillante
Palabras clave:
edición de obxectos