En mi memoria (...), 2012
Tatiana Lameiro González
Actualmente encontrámonos ante novos sistemas de lectura, novos modos de comprender o mundo que nos rodea e diferenciar formas de abranguer o coñecemento artístico. O libro que aquí se presenta está clasificado dentro da categoría obxecto libro-arte.
Formado por diferentes obxectos, postais, libros, follas de proba e fotografías, pretende incluír o espectador nunha viaxe (espacial, temporal e sensorial), invitándoo a facer un percorrido pola meoria colectiva. Termos como lugar, obxecto, identidade, pegada e tempo están latentes dentro desta maleta. Así mesmo faise referencia á dualidade de obxecto e ao dobre significado deste; por un lado a cousa material e por outro lado as connotacións que o espectador lle atribúe, asi pois, as infinitas posibilidades de significados.
O conxunto engloba unha combinación de técnicas artísticas: ultrafotografía e obras reproducciodas a través da gráfica tradicional, aínda que na súa multiplicidade podemos encontrar a relación de todo con cada unha das partes.
Paralelamente xoga coa polaridade do negativo e o positivo, empregando procedementos gráficos nos que a transferencia de información se produce mediante as dicotomías visible-invisible, matriz-estampa, pegada-memoria.
Datos técnicos:
Peza única
Maleta e obxectos diversos
Palabras clave:
libro de artista, libro obxecto