Tokyo (Serie Traveling Journals), 2014
Nuria Villa
Travelling Journals son unha serie de libros de artista creados partindo da idea de caderno de viaxe, cada libro correspóndese cunha cidade e unha viaxe real realizada, que posteriormente reconstrúo en papel.
Nesta serie continúo coa construción de xeografías persoais como método de consciencia do camiño recorrido e das experiencias vividas, traballando con ferramentas como google maps e a fotografía como práctica para conxelar, reter e gardar instantes das nosas vidas que nunca volverán repetirse.
A principal característica destes libros é que se despregan no espazo, partindo da base dun triángulo equilátero, para plano a plano ir construíndo un percorrido que pode ter diferentes puntos de vista segundo se vai manipulando. Busco un achegamento á obra gráfica de campo expandido, o xogo de planos e de diferentes técnicas aplicadas a estas pezas, traspasan a estrutura de libro tradicional para convertelas en esculturas de papel.
Datos técnicos:
4 Probas de Artista
Impresión dixital, gofrado e cutting sobre papel
Palabras clave:
libro de artista, libro obxecto