
Arquivo de Edición de Arte de Galicia
Editante.org é o primeiro arquivo de edición de arte de Galicia, creado en 2014 por electrodomésticas&co. co propósito de catalogar as obras de artistas galegos ou residentes en Galicia que desenvolven o seu traballo no mundo da edición artística.
Unha plataforma que pretende encher o baleiro existente e poñer en valor o libro de artista, o libro obxecto, a revista ensamblada, o fanzine, a edición de obxectos, etc. Un punto de encontro para os usuarios tanto para expoñer o seu propio traballo, coma para conectar con outras persoas cos que comparten intereses e encontrar referencias e información sobre os espazos á súa disposición na nosa comunidade.
Editante.org enmárcase dentro de Editante. A edición que transmuta, un proxecto subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, dentro do plan Iniciativa Xove 2014.

Arquivo de Edición de Arte de Galicia
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org