Arquivo de Edición de Arte de Galicia
Equipo
Electrodomésticas somos María Castellanos Vicente, Lucía Morandeira Novo e Laura Fernández Patiño, tres artistas que dende 2011 comparten un proxecto co que propoñer un punto de vista diferente dende o que investigar en torno ao mundo da edición e da arte. Os nosos proxectos son accións editoriais, unha manifestación máis da creatividade artísitica, nas que se analizan os obxectos cotiáns, a súa ambigüedade e os seus opostos. Obxectos seriados ou únicos que reflexionan sobre a edición en si.

Partindo das nosas inquetudes, xorde en 2014 o proxecto Editante, para o que se suman a electrodomésticas tres artistas colaboradores (&co.): Haya Blanco Fuentes, Iván Ferreiro López e Eva González Bernárdez, que achegan as súas experiencias para enriquecer e ampliar a nosa visión da edición de arte.

 
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada